Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte

A Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) é un organismo público a través do cal se realizan as políticas estatais de protección da saúde no deporte. Entre elas e de modo especial, de loita contra a dopaxe.

A nosa Visión 

Forza impulsora dun deporte san e limpo, fundamental nunha sociedade libre de dopaxe e de trampas.

A nosa Misión 

A misión da AEPSAD é a protección do dereito á saúde de todos os deportistas e do dereito a participar nunha competición sen trampas, en condicións de igualdade.

Para lograr a súa misión, o traballo da AEPSAD ten catro eixos principais: protexer, disuadir, detectar e facer cumprir.

  1. AEPSAD protexe a saúde a través da creación dun auténtico sistema de protección da saúde no deporte e na actividade deportiva.
  2. AEPSAD disuade das trampas e da dopaxe a través da educación, do control de dopaxe e do impulso de proxectos que axuden na comprensión desta secuela social e na súa erradicación.
  3. AEPSAD detecta as violacións da política antidopaxe a través dos programas de control de dopaxe e os programas de investigación do mesmo.
  4. AEPSAD fai cumprir as normas antidopaxe sancionando calquera infracción das mesmas, aplicando a lexislación vixente. 

Accede á páxina web da AEPSAD     AQUÍ