Deporte Inclusivo

Deporte Inclusivo

DEPORTE INCLUSIVO é un programa que busca promover a práctica deportiva de persoas con discapacidade como ferramenta para a súa integración social. A práctica deportiva ademais de ser un poderoso instrumento para o fomento da saúde, favorece dinámicas que equilibran as diferenzas persoais permitindo a inclusión das persoas con discapacidade nas súas contornas sociais.

DEPORTE INCLUSIVO materialízase na posta en marcha de iniciativas relacionadas co fomento da actividade deportiva que promovan a inclusión e a integración no deporte, pondo especial interese nas persoas con discapacidade.  As principais vías de desenvolvemento do proxecto serán:

  1. Promoción da actividade física en contornas inclusivas
  2. Formación especializada
  3. Accesibilidade ao deporte
  4. Plan deportivo de promoción de competicións inclusivas
  5. Comunicación e difusión do valor do deporte inclusivo e os seus logros

A declaración do Programa Deporte Inclusivo como Acontecemento de Excepcional Interese Público (AEIP) permite a obtención de importantes beneficios fiscais a aquelas empresas que colaboren coa difusión do acontecemento e realicen unha achega a título donativo a este programa.

O período de vixencia do programa Deporte Inclusivo esténdese do 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2021.

DOCUMENTACIÓN:

Manual de identidade corporativa e de uso para empresas colaboradoras do programa Universo Muller II:  Neste documento determínanse os estándares de utilización dos logotipos e/ou imaxe; os criterios para a cuantificación dos diferentes beneficios fiscais que prevé a normativa actual; establece os soportes publicitarios para a súa divulgación e a base de dedución dos mesmos, as modalidades de gastos de publicidade dos medios de comunicación colaboradores; os plans e programas de actuación que se realicen no marco do Plan. Ademais, defínese tanto o procedemento de recoñecemento dos beneficios fiscais como os modelos de documentación a achegar polas empresas colaboradoras e establecer a normativa aplicable a este procedemento:

 

{"preview_thumbnail":"/sites/default/files/styles/vídeo_embed_wysiwyg_preview/public/vídeo_thumbnails/CqQ-ou90MXqg.jpg?itok=JdLVgUMI","vídeo_url":"https://youtu.be/CqQ-ou90MXqg","settings":{"responsive":1,"width":"854","height":"480","autoplay":1},"settings_summary":["Embedded Vídeo (Adaptable, autoplaying)."]}