Novas Metas

Novas Metas

NOVAS METAS é un programa deseñado para apoiar ao deportista de Alto Nivel no final da súa carreira deportiva, sobre todo a aqueles deportistas que presentan certas necesidades específicas ou reaxustes a nivel ocupacional, formativo, financeiro e psicosocial.

Novas Metas pretende que a práctiva deportiva non sexa un factor negativo para o futuro profesional e persoal dos deportistas de Alto Nivel.

Novas Metas proporciona apoio aos deportistas no proceso da súa retirada, dotándolles das ferramentas necesarias que lles permitan unha integración socio-laboral o máis exitosa posible. Os plans de actuación deste programa son:

  1. Empregabilidade
  2. Formación
  3. Desenvolvemento Persoal
  4. Comunicación e promoción.

A declaración do Programa Novas Metas como Acontecemento de Excepcional Interese Público (AEIP) permite a obtención de importantes beneficios fiscais a aquelas empresas que colaboren coa difusión do acontecemento e realicen unha achega a título donativo a este programa.

O período de vixencia do programa Novas Metas esténdese do 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2021.

DOCUMENTACIÓN:

Manual de identidade corporativa e de uso para empresas colaboradoras do programa Universo Muller II:  Neste documento determínanse os estándares de utilización dos logotipos e/ou imaxe; os criterios para a cuantificación dos diferentes beneficios fiscais que prevé a normativa actual; establece os soportes publicitarios para a súa divulgación e a base de dedución dos mesmos, as modalidades de gastos de publicidade dos medios de comunicación colaboradores; os plans e programas de actuación que se realicen no marco do Plan. Ademais, defínese tanto o procedemento de recoñecemento dos beneficios fiscais como os modelos de documentación a achegar polas empresas colaboradoras e establecer a normativa aplicable a este procedemento:

 

{"preview_thumbnail":"/sites/default/files/styles/vídeo_embed_wysiwyg_preview/public/vídeo_thumbnails/0Zj40dGU0-E.jpg?itok=dUAEYT1a","vídeo_url":"https://youtu.be/0Zj40dGU0-E","settings":{"responsive":1,"width":"854","height":"480","autoplay":0},"settings_summary":["Embedded Vídeo (Adaptable)."]}