Imagen dunha carreira ciclista inclusiva

Axudas a proxectos de Deporte Inclusivo

Axudas ás Federacións Deportivas Españolas para a realización de proxectos de Deporte Inclusivo no ano 2025

O día 14 de febreiro publicouse no Boletín Oficial de Estado a Resolución da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se fai pública a convocatoria de axudas ás Federacións Deportivas Españolas para o programa Muller e Deporte e para proxectos de Deporte Inclusivo no ano 2025. 

As solicitudes poderanse presentar por vía telemática a través da Sede Electrónica do CSD. 

Para acceder ao documento pulsar a seguinte ligazón:

https://www.boe.es/boe/dias/2025/02/14/pdfs/boe-B-2025-5050.pdf

Para máis información, así como para a súa solicitude e tramitación, dirixirse á ligazón da Sede Electrónica do Consello Superior de Deportes: 

https://sede.csd.gob.es/OficinaVirtual/FichaConvocatoria.aspx?idRes=547&coSia=201644

As finalidades ás que poderán ir dirixidas as axudas son as seguintes: 

  1. - Procesos de integración do deporte para persoas con discapacidade na federación.
  2. - Axudas para a formación.
  3.  Organización de competicións que favorezan o proceso de inclusión e integración de persoas con discapacidade. Terase especial consideración á organización de competicións para persoas con e sen discapacidade na mesma data e lugar.
  4. - Promoción e difusión do deporte para persoas con discapacidade.
  5. - Contratación de persoal específico do deporte de persoas con discapacidade.
  6. - Captación, detección do talento e desenvolvemento deportivo de deportistas con discapacidade, con carácter previo á tecnificación.