Deportistas incluídos no programa ADO

ADO réxese por unha Xunta Directiva, formada por representantes de COE,  CSD , RTVE e socios patrocinadores. É o órgano reitor das directrices que se marcan no programa financeiro e deportivo.

O funcionamento de ADO é similar ao de calquera entidade privada, administrando e distribuíndo aos deportistas a través das diferentes Federacións Deportivas Nacionais as achegas económicas que proceden dos patrocinadores.

Así mesmo ADO conta cunha estrutura adecuada que se ocupa das áreas propias dunha empresa de xestión de patrocinio  deportivo: administración, finanzas, mercadotecnia, comunicación, relacións públicas, etc.

Desde a área técnica, ADO mantén un contacto constante coas diferentes Federacións para estar ao tanto das súas necesidades e axustar as cantidades a recibir anualmente, procedentes das empresas patrocinadoras.

ADO proporciona a cada un dos deportistas seleccionados nas diversas disciplinas olímpicas unha bolsa que se traduce nunha axuda económica mensual de diferente contía, baseada nos resultados obtidos

 

Páxina web da Asociación de Deportes Olímpicos (ADO)