María José Renda recibe a Nikolov Sherezadishvili, campión do mundo de judo
Madrid, 3 de outubro de 2018.- A presidenta do Consello Superior de Deportes, María José Renda, recibiu hoxe ao judoca Nikoloz Sherezadishvili, que se proclamou campión do Mundo o pasado mes de setembro no certame celebrado en Usbequistán na categoría de menos de 90 quilos. Á recepción coa secretaria de Estado para o Deporte tamén acudiron unha ampla representación da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados, encabezada por Juan Carlos Barcos (presidente), así como José Luís Varcárcel (vicepresidente), Sara Álvarez (directora deportiva), Gonzalo González (xerente), así como o adestrador de Nikolov, Joaquín Ruiz, e os judocas Alberto Gaiteiro e Fran Garrigós.
Renda destacou os brillantes resultados históricos do judo español, “con seis medallas en Xogos Olímpicos, 21 en Campionatos do Mundo e 114 en Campionatos de Europa, e agora a túa medalla, que nos alegra moito. Xa sabes que de aquí hai que seguir para arriba”, chanceou Renda co deportista, que destacou que o seu triunfo “é un soño cumprido. No campionato estaba tan centrado que nin sequera me deu tempo a porme nervioso. Foi duro porque tiven 6 combates e os rivais que me tocaron no sorteo eran complicados, moitos deles campións de Europa”, respondeu, para engadir que a súa mente estaba xa posta nos próximos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
O presidente da Federación, pola súa banda, dixo que a medalla de Sherezadishvili foi froito dun traballo moi intenso de adestramento, e tal e como lle explicou a Renda, “estivemos case un mes en Xapón preparando o campionato, outra concentración en Castelldefells, tamén no CAR de Madrid… agora xa hai que pensar en Tokio. Sería sensacional traernos unha medalla de alí, porque é a meca do judo”, afirmou.