O Consello Superior de Deportes autoriza o adianto electoral nas federacións de fútbol e baloncesto

A motivación principal é respectar o marco normativo actual e facilitar que as eleccións poidan celebrarse neste ano olímpico

Madrid, 09 de marzo de 2020. O Consello Superior de Deportes (CSD) decidiu hoxe autorizar o adianto electoral que solicitaran a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e a Federación Española de Baloncesto (FEB).

La presidenta do CSD, Irene Lozano, tomou esta decisión co fin de garantir que se cumpre o propósito da normativa, que obriga ás federacións a celebrar os comicios en ano olímpico, neste caso, os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

En este sentido, a decisión sobre a RFEF xustifícase en que se non se aprobase o adianto, os comicios veríanse abocados a celebrarse en 2021, xa que o proceso electoral non daría inicio ata o mes de outubro e sempre despois do Mundial de Fútbol sala. Quérese evitar, ademais, a inestabilidade que se xeraría na RFEF e, polo tanto, no fútbol español se se prolongase a situación actual durante un ano. Relacionado con este feito, o propósito da presidenta do CSD é unir as forzas de todos os implicados con vistas a proxectar a reputación deportiva española internacionalmente, o cal só se conseguirá alcanzando a distensión oportuna no menor prazo posible de tempo.

Por último, a decisión adóptase en apoio á candidatura conxunta entre España e Portugal para a celebración do Mundial de Fútbol do próximo ano 2030, cuxa preparación debe comezar canto antes sen unha campaña electoral á RFEF polo medio.

Respecto ao adianto das eleccións na FEB, tivéronse en conta as alegacións presentadas por esta entidade federativa en relación ao próximo proceso de elección de novos membros que terá lugar a finais de ano na Federación Internacional de Baloncesto (FIBA).

A decisión do adianto electoral duns comicios federativos xa se tomou con anterioridade por parte do CSD. En concreto, o 4 de novembro de 2019 deuse resposta positiva á Real Federación Española de Ximnasia; o 13 de febreiro de 2020 á Federación Española de Bádminton; e o 14 do mesmo mes á Federación Española de Tríatlon. A vontade do CSD é, por tanto, ditar todas as resolucións no mesmo sentido co obxectivo de non xerar agravios entre unhas federacións e outras.