O círculo
A Comisión “Antiviolencia” propón dúas multas de 30.000 euros ao Sevilla F.C. por permitir despregar unha pancarta ao grupo Biris
- Trátase duns feitos acontecidos en dous partidos diferentes, Sevilla F.C.–Xetafe C.F e o Sevilla F.C.–Standard de Lieja
- Declárase de Alto Risco o partido España-Inglaterra
Madrid, 05 de outubro de 2018.- A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte, reunida hoxe, acordou diversas propostas de sanción, entre as que destacan dúas multas por valor de 30.000 euros cada unha ao Sevilla F.C por permitir a exhibición no seu campo dunha pancarta do grupo Biris. Foi despregada en dous encontros diferentes, o Sevilla F.C. – Xetafe C.F e o Sevilla F.C. – Standard de Lieja, e nela podíase ler o nome desta organización. A lei prohibe facilitar a promoción de persoas ou grupos de seguidores que incorresen en condutas violentas, como é o caso dos Biris. Estes feitos están considerados como dúas infraccións graves.
Igualmente propuxéronse sancións a diversos afeccionados que protagonizaron distintos incidentes como insultos e ameazas aos responsables de seguridade dos estadios, negarse a seguir as indicacións destes nas intervencións realizadas para restablecer a orde, consumo de bebidas alcohólicas, ou lanzamento de obxectos, como un vaso de auga ao terreo de xogo, feito este último sancionado cunha multa de 1.000 euros e a prohibición de acceso ao campo durante tres meses.
Por último, coa información dispoñible nestes momentos, foi declarado de Alto Risco o seguinte encontro:
- ESPAÑA-INGLATERRA do próximo 15 de outubro, correspondente á terceira xornada da UEFA Nations League