O CSD aproba axudas por valor de 16 millóns para a mellora das instalacións da liga feminina de fútbol

Se convocan las ayudas a clubes y Sociedades Anónimas Deportivas (SAD) participantes en la máxima categoría femenina de fútbol por valor de 16 millones de euros
  • O BOE publica hoxe a resolución do CSD pola que se convocan as axudas a clubs e SAD participantes na máxima categoría feminina de fútbol para acometer as melloras estruturais necesarias para a competición, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

 

  • O investimento económico alcanza os 16 millóns de euros e supón “un paso máis na dignificación do fútbol e o deporte feminino a través da mellora das súas infraestruturas”, en palabras do presidente do CSD, José Manuel Franco

 

 

Madrid, 16 de febreiro de 2022. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou hoxe o extracto da Resolución da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan as axudas a clubs e Sociedades anónimas Deportivas (SAD) participantes na máxima categoría feminina de fútbol por valor de 16 millóns de euros, para que poidan acometer as melloras estruturais necesarias para a competición, a cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Trátase dun investimento enmarcado no Plan Social do Sector Deporte, que irá destinada á construción, adaptación e mantemento das infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da competición de máxima categoría feminina de fútbol. O prazo de presentación de solicitudes para as entidades interesadas é de trinta días hábiles contados a partir da publicación de hoxe no BOE, e o prazo de execución abarcará do 1 de febreiro de 2020 ao 31 de decembro de 2023.

Con este investimento “estamos ante un fito e un paso máis na dignificación do fútbol e o deporte feminino a través da mellora das súas infraestruturas”, apunta o presidente do CSD, José Manuel Franco. O secretario de Estado para o Deporte lembra, ademais, que a cifra de 16 millóns de euros para a mellora de instalacións forma parte dunha partida de 32 millóns para a profesionalización do fútbol feminino, unha das “grandes metas do Consello nesta lexislatura”, e que se enmarca no “compromiso firme e constante do Goberno coa igualdade no deporte e, especificamente, co deporte feminino”.

 

Estándares de calidade, igualdade e sustentabilidade da liga feminina

A cualificación de liga profesional á competición de máxima categoría feminina de fútbol, outorgada o pasado 15 de xuño de 2021 pola Comisión Directiva do CSD -que permitirá a creación da Liga Nacional Feminina de Fútbol Profesional (LNFFP)-, esixe a posta en marcha dun conxunto de medidas que garantan uns estándares de calidade, igualdade e sustentabilidade da competición. Entre estas medidas atópanse as necesarias infraestruturas e equipamentos cos que deben contar as entidades que integran e compiten na LNFFP.

Como recolle o BOE, os proxectos subvencionables por esta axuda inclúen gastos como a substitución de herba artificial por herba natural e o seu mantemento, obras de ampliación e mellora de bancadas, aparcadoiros e vestiarios, instalacións anexas de adestramento e formación de deportistas –como ximnasios e enfermarías-, áreas para medios de comunicación e retransmisións televisivas e melloras no ámbito da eficiencia enerxética, entre outros.

Este investimento económico chega despois da negociación con todos os clubs e sociedades anónimas deportivas participantes na LNFFP para a aprobación duns estatutos únicos que rexan a entidade encargada de dirixir a Liga feminina. Tras chegar a un acordo por unanimidade entre todas as entidades, só queda establecer a data definitiva da Comisión Directiva que os aprobará de forma definitiva.