O CSD convoca axudas por valor de 6 millóns de euros para proxectos de dixitalización con vistas aos Xogos de Milán-Cortina 2026 e Los Ángeles 2028

  • O Consello Superior de Deportes (CSD), órgano adscrito ao Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, pon a disposición das federacións deportivas españolas 6 millóns de euros procedentes dos fondos NextGenerationEU para proxectos de innovación e dixitalización.

  • Financiaranse iniciativas que teñan como obxectivo a monitorización da saúde e a recuperación física, a obtención e análise de datos para a mellora do rendemento deportivo, o desenvolvemento de procesos de adestramento, así como a mellora da inclusión, accesibilidade e seguridade.

Madrid, 10 de marzo de 2025.- O Consello Superior de Deportes (CSD) convocou axudas por valor de 6 millóns de euros dirixidas a federacións deportivas españolas para o desenvolvemento de proxectos que teñan como obxectivo a monitorización da saúde e a recuperación física, a obtención e análise de datos para a optimización do rendemento deportivo, o desenvolvemento de procesos de adestramento, así como a mellora da inclusión, accesibilidade e seguridade.

No marco da preparación para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Milán-Cortina d’Ampezzo 2026 e de Los Ángeles 2028, o CSD deseñou unha nova liña de axudas dirixida ás federacións deportivas que pretende mellorar o rendemento a través da dixitalización, un eixo fundamental do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Estes 6 millóns de euros de euros, procedentes dos Fondos NextGenerationEU, destinaranse ao desenvolvemento de proxectos innovadores que impulsen a transformación dixital nas federacións deportivas, con especial énfase na innovación tecnolóxica, a investigación avanzada e a análise de datos.

Dos 6 millóns de euros, destinaranse 4 a gastos en investimento en tecnoloxías e equipamento mentres que os 2 restantes serán para gastos correntes relacionados con servizos técnicos especializados.

Entre as actuacións subvencionables para o desenvolvemento do talento a través dun proceso de concorrencia competitiva, inclúense a monitorización da saúde e recuperación física; a obtención e análise de datos para a mellora no rendemento deportivo; a obtención e análise de datos para o desenvolvemento de procesos de adestramento e tecnificación deportiva en deportistas, equipos, estruturas técnicas e/ou actividades incluídas nos programas Team España Elite e/ou Team España Futuro; a dixitalización do proceso de adestramento deportivo en calquera das súas facetas e a dixitalización como sistema de inclusión, accesibilidade e seguridade.

Estas accións deben estar orientadas ao rendemento deportivo e á identificación de talento, potenciando ademais a saúde e recuperación física dos deportistas.

 

O deporte no Plan de Recuperación

España é o único país da Unión Europea que incluíu o deporte como elemento tractor dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, recoñecendo o peso específico que este sector ten no país.

Trátase non só dunha actividade humana enormemente enriquecedora e generadora de benestar persoal; o deporte tamén constitúe un importante instrumento de cohesión social, un eficaz vehículo para a transmisión de valores e un sólido elemento de impulso económico.

Cunha dotación de 300 millóns de euros procedentes dos Fondos Europeos está a promoverse a dinamización, reestruturación e modernización do sector do deporte, adaptándoo a nova realidade socioeconómica mediante a súa transformación dixital e adaptación á transición ecolóxica.

Estes 300 millóns distribúense da seguinte maneira:

  • 146,5 M€ para a transición ecolóxica de instalacións deportivas
  • 77,8 M€ destinados a un plan social
  • 75,6 M€ a dixitalización

 

Dentro deste proceso de transformación perseguiuse, ademais, dotar dun marco normativo renovado ao sector mediante unha nova Lei do Deporte, co fin de potencialo como elemento esencial no mantemento de saúde pública e no fomento da igualdade de xénero.

O impulso do sector do deporte concrétase no desenvolvemento de infraestruturas seguras e sustentables, no impulso á transformación dixital das organizacións deportivas, na promoción da investigación sobre a actividade física como elemento de fomento da saúde, na potenciación das candidaturas para a organización de grandes acontecementos deportivos, no fomento do turismo deportivo e na mellora da rede de centros de alto rendemento e tecnificación deportiva.

Así mesmo, préstase especial atención ás infraestruturas en zonas en risco de despoboamento, ao fomento de hábitos saudables a través do deporte e a actividade física -mellorando a saúde dos nosos cidadáns- e ao desenvolvemento de sectores específicos que promovan a igualdade e a inclusión no deporte.

Estas medidas se focalizan en afrontar os principais retos do deporte en España e en todas elas están presentes obxectivos comúns, como son: a creación de emprego estable, o fomento da igualdade, a dixitalización do sector, a transición ecolóxica a través de enerxías e estruturas sustentables, a colaboración coas Administracións territoriais e a atención a colectivos vulnerables ou desfavorecidos.