Deporte de Alto Nivel e Alto Rendemento

O deporte de alto nivel considérase de interese para o Estado, en tanto que constitúe un factor esencial no desenvolvemento deportivo, polo estímulo que supón para o fomento do deporte basee, en virtude das esixencias técnicas e científicas da súa preparación, e pola súa función representativa de España nas probas ou competicións deportivas oficiais de carácter internacional (Lei 10/1990 do Deporte/Título Primeiro. Principios Xerais. Art. 6). En España o desenvolvemento do Deporte de Alto nivel e Alto Rendemento reside nas Federacións Deportivas Españolas coa colaboración das Comunidades Autónomas. Está financiado principalmente polo Estado e o seu obxectivo é elevar o nivel deportivo de España internacionalmente.