Premios “Lilí Álvarez”

O Instituto das Mulleres e o Consello Superior de Deportes entregan anualmente os Premios “LILI ÁLVAREZ”, que recoñecen os traballos xornalísticos que mellor contribuísen á difusión e defensa da igualdade entre mulleres e homes no ámbito deportivo e a visibilizar o deporte feminino en España. 

Prazo de presentación dos traballos para a oitava edición: do 4 ao 23 de xuño de 2025

OITAVA EDICION DOS PREMIOS LILI ALVAREZ, 2025

Establécense catro categorías, segundo o formato do traballo, difundidos tanto en medios convencionales -prensa, radio e televisión-, de ámbito estatal ou autonómico, como en medios dixitais ou outros sitios de Internet (blogues, redes sociais, webs, etc.), podendo ser pezas de calquera extensión: 

  • Traballos xornalísticos de texto.
  • Traballos xornalísticos gráficos.
  • Traballos xornalísticos de radio. 
  • Traballos xornalísticos audiovisuais. 

Os traballos poderán ser de calquera xénero xornalístico (noticia, reportaxe, crónica, entrevista, etc.) e de autoría individual ou colectiva. Neste último caso a candidatura deberá ser presentada conxuntamente ou con autorización de cada persoa co-autora.

A dotación do premio é de 5.000 euros para cada unha das categorías, incluíndo os impostos que correspondan segundo a lexislación vixente.

INFORMACIÓN CONVOCATORIA:
Extracto da Resolución do 28 de maio de 2025, Publicado no BOE Nº 133, con data do 3 de xuño de 2025 
Resolución de 28 maio da Dirección do Instituto das Mulleres, convocatoria de Premios “LILÍ ALVAREZ”.   
Orde TAS 535/2007 de Bases Reguladoras 
Orde TAS 2505/2007, do 7 de agosto, pola que modifica a Orde TAS/535/2007. 
Anexo I 
Anexo II 

LIGAZÓN Á WEB DO INSTITUTO DAS MULLERES

Edicións anteriores