O CSD pon a disposición dos concellos 4,2 millóns de euros para a construción de campos de fútbol
As axudas sufragarán a realización de obras e a dotación de equipamentos deportivos en campos de fútbol de titularidade municipal
Madrid, 25 de novembro de 2019. O Consello Superior de Deportes destinará unha subvención máxima de 4.189.912,54 para as corporacións locais que irá destinada á execución de infraestruturas deportivas e a dotación de equipamentos deportivos para campos de futbol.
Estas axudas sufragarán a realización de obras e a dotación de equipamento deportivo neste tipo de recintos de titularidade municipal. As bases da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón do Boletín Oficial do Estado:
https://boe.es/diario_boe/txt.php?ide=BOE-B-2019-49962