Plan Integral para a Actividade Física e o Deporte no ámbito do Deporte en Idade Escolar

Co fin de impulsar o acceso universal a unha práctica deportiva de calidade para o conxunto da poboación, o Consello Superior de Deportes, en estreita colaboración coas Comunidades Autónomas, as Entidades locais, Universidades e outros organismos ministeriais, xunto coa necesaria participación do sector privado, pon en marcha unha serie de liñas de actuación –obxectivos, eixos estratéxicos, programas e medidas- que configuran o PLAN INTEGRAL PARA A ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE.

A elaboración e a posta en marcha do Plan integral figura no programa do Goberno para a presente lexislatura. Ten un alcance previsto para o período 2010 a 2020 e a súa xustificación e desenvolvemento reflíctese de maneira sintética no documento denominado “Plan Integral A + D - versión 1”. Esta versión elaborouse cunha metodoloxía participativa que permitiu a colaboración de máis de 100 expertos e expertas do noso país, especializados en cada un dos sectores, durante case un ano de traballo.

Aquí podes acceder ao contido que se dirixe ao ámbito do deporte en idade escolar, tendo en conta que a presente versión 1 –non definitiva– é un documento vivo, que debe de sufrir modificacións no futuro, na medida en que as accións e medidas propostas poidan ir póndose en marcha.

Así mesmo, se queres acceder á información completa sobre este plan estratéxico e a información do mesmo podes enlazar aquí:

Ligazón aquí

 

Igualmente, aquí podes descargarche outras publicacións que emanan de traballos realizados como desenvolvemento do Plan A+D dentro deste ámbito: