Presentación no CSD dos partidos da selección feminina absolurta de Rugby XV
Presentación dos partidos da selección feminina absoluta de Rugby XV
Madrid, 7 de novembro de 2018.- O Consello Superior de Deportes acolleu hoxe a presentación dos próximos dous partidos que xogará a selección feminina absoluta de XV, as #Leoas, na localidade de Villajoyosa, fronte a Hong Kong (11 de novembro) e Sudáfrica (17 de novembro). Ao evento asistiron Carlos Gascón, subdirector de alta competición do CSD; Alfonso Feijoo, Presidente da Federación Española de Rugby, José Antonio Barrio “Yunque”, seleccionador das #leoas, e a capitá do equipo, Isabel Rico, así como todas as xogadoras convocadas.
Carlos Gascón dirixiuse ás xogadoras para animalas “e tamén para que llo poñades difícil ao adestrador porque será o sinal de que aproveitaredes cada oportunidade, sexa un adestramento ou un partido, de dalo todo”. Tamén agradeceu a retransmisión de ambos os partidos por Teledeporte, “pois supón que crecedes porque cada día se vos ve máis”, e puxo en valor o labor federativo porque “as dificultades do pasado agora convertéronse en oportunidades”.
Alfonso Feijoo afirmou que “estes partidos están a lograr que teñamos continuidade e que podamos ir mellorando xa que estamos fóra das 6 nacións”.
O seleccionador, José Antonio Barrio “Yunque”, afirmou que nesta convocatoria integrou tanto a xogadoras da modalidade do VII como do XV “para mesturar os nosos mellores activos e mellorar o nivel competitivo”.
Isabel Rico, por último, destacou que como capitá das #Leoas, “estamos listas para ruxir”, engadindo que “o partido contra Sudáfrica é todo un desafío, e creo que aínda que sufriremos, ímolo a sacar adiante”, dixo.