Renda: "Son ouro e son historia. Forman parte da historia do deporte español"
O equipo de Lucas Mondelo consegue o cuarto ouro continental e a sétima medalla internacional consecutiva
Madrid, 8 de xullo de 2019.- María José Renda, presidenta do Consello Superior de Deportes (CSD) e secretaria de Estado para o Deporte, asistiu onte domingo á vitoria da selección española feminina no Eurobasket de Letonia/Serbia. Este título supón para o equipo de Lucas Mondelo o cuarto ouro continental e a sétima medalla internacional consecutiva.
Tras a final, Renda cualificou este triunfo como un “premio ao traballo e a constancia”, engadindo que “estamos moi orgullosos delas, da súa evolución e da valía que teñen. Traballárono e non deron nada por perdido. Esperemos que sigan avanzando e que gañen máis títulos. Son referentes da base, das máis novas, das que queren ser como elas."