Sánchez recibe á selección feminina de baloncesto, que revalidou onte o título de campioa de Europa

O presidente do Goberno en funcións expresou ás xogadoras "o orgullo da sociedade española” pola súa vitoria

Madrid, 8 de xullo de 2019.- O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, recibiu esta tarde no Palacio da Moncloa ás integrantes e ao equipo técnico da selección española feminina de baloncesto, que revalidou onte o seu título de campioa no Eurobasket 2019 celebrado en Letonia e Serbia.

O acto contou coa asistencia da vicepresidenta do Goberno en funcións, Carmen Calvo, do ministro de Cultura e Deporte en funcións, José Guirao, da presidenta do Consello Superior de Deportes, María José Renda, e do presidente da Real Federación Española de Baloncesto, Jorge Garbajosa.

España proclamouse onte en Belgrado (Serbia) campioa de Europa por cuarta vez na súa historia tras derrotar a Francia na final, converténdose no primeiro país que revalida ese título desde 1991. O equipo obtén ademais a súa sétima medalla consecutiva ao sumar os metais obtidos nos europeos, os mundiais e os xogos olímpicos.

Na súa intervención, o presidente dirixiuse ás xogadoras para expresarlles “o orgullo da sociedade española” pola súa vitoria, produto, dixo, “do traballo ben feito e do empeño, sacrificio e compañeirismo” que destilan dentro e fóra da cancha. Sánchez afirmou que España seguirá crendo no equipo, ao que desexou que obteña un novo triunfo nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020, para os que a selección xa está clasificada.

Ligazón a fotos e vídeo do encontro:

Fotos: Pool Moncloa/Fernando Calvo / Vídeo: Pool Moncloa/Jorge Villar Diego do Monte