A secretaria de Estado para o Deporte recibe aos campións do Mundo e de Europa júnior de Rallyes

Os 4 pilotos españois forman parte do programa de promoción de novos talentos Rallye Team Spain, que conta co respaldo do CSD

Madrid, 11 de outubro de 2019,.- A secretaria de Estado para o Deporte e presidenta do CSD, María José Renda, recibiu hoxe, aos membros do equipo Rallye Team Spain.

Renda, que estivo acompañada polo presidente da Real Federación Española de Automobilismo, Manuel Aviñó, felicitou ao piloto Jan Solans e o seu copiloto Mauro Barreiro que se proclamaron campións do Mundial júnior de Rallyes WRC, así como ao piloto Efrén Llarena e o seu copiloto Sara Fernández, campións de Europa de Rallyes ERC3 en categoría júnior e absoluta.

A presidenta do CSD felicitou aos pilotos e copilotos polo seu gran traballo á vez que destacou o labor que vén realizando a federación española no impulso da canteira. “Para nós o programa Rallye Team Spain é importantísimo. Hai apenas dous anos que se puxo en marcha e xa contamos cun equipo que está a gañar, algo que ten moito mérito”.

Os 4 pilotos españois forman parte do programa de promoción de novos talentos Rallye Team Spain, que conta co respaldo do Consello Superior de Deportes.

Ligazón descarga de fotografías

https://www.flickr.com/photos/149228308@N03/albums/72157711286506707