Xornadas de traballo entre o Consello Superior de Deportes e as Comunidades Autónomas
Madrid, 29 de novembro de 2019.- El consello Superior de Deportes organizou esta semana unhas xornadas de traballo coas Comunidades Autónomas co obxectivo de establecer unha coordinación efectiva en materia deportiva.
A presidenta do CSD e secretaria de Estado para o Deporte, María José Rienda, inaugurou o xoves estas xornadas nas que participaron representantes de 16 Comunidades Autónomas e 35 técnicos deportivos.
Durante dous días traballouse sobre diferentes materias como os campionatos de España, tanto escolares como universitarios; a cualificación dos centros de alto rendemento e tecnificación deportiva, as políticas sobre hábitos saudables, a igualdade de xénero e de oportunidades, a homoxeneización dos criterios na cualificación dos deportistas de alto nivel e alto rendemento, ou a canalización de iniciativas europeas, como os proxectos Erasmus+ e a Semana Europea do Deporte.