Cardioprotección en instalacións deportivas
O síncope dun deportista no terreo de xogo é un acontecemento alarmante que ademais pode ser grave e acabar nunha morte súbita.
A taquicardia ventricular e a fibrilación ventricular recoñécense entre as principais causas de morte súbita
dos deportistas. Nestes casos o rápido inicio dunha reanimación cardiopulmonar xunto coa aplicación dos desfibriladores automáticos demostraron mellorar enormemente a supervivencia nos deportistas que sofren un síncope.
A formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) do persoal das instalacións deportivas e mesmo dos propios deportistas é unha política preventiva moi importante, xa que son eles os que poden e deben actuar como primeiros intervenientes ata a chegada dos servizos de emerxencia.
Para o CSD a prevención da morte súbita é unha actuación prioritaria e é por iso polo que desenvolveu este proxecto en colaboración coa Fundación ZonasCardio, co obxectivo de concienciar e formar en RCP a todas aquelas persoas que están involucradas no ámbito deportivo.
- Paro cardíaco repentino
- Salvaría a súa vida?
- Intervención rápida
- O desfibrilador
- Onde deben ser instalados
VÍDEOS
Presentación xeral
Vídeo de concienciación que recolle entrevistas con médicos, persoas afectadas e apoios de personaxes coñecidos para impulsar a cardioprotección en toda a sociedade e no ámbito deportivo en particular.
Dramatización
Situación de parada cardíaca dun deportista con utilización de desfibrilador e aplicación de técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP).
Cadea de supervivencia
Protocolo para a actuación rápida e eficiente da SEMICIUC que está baseado nas recomendacións da ERC e que recolle as etapas a seguir para actuar eficientemente ante a aparición dun paro cardíaco.
RCP en adultos
Técnicas de reanimación cardiopulmonar RCP de adultos, actualizadas segundo as últimas recomendacións da ERC do 2010.
RCP en nenos
Técnicas de reanimación cardiopulmonar de nenos/as (ata 8 anos), actualizadas segundo as últimas recomendacións da ERC do 2010.