Carreira da Muller Madrid, 2 de Maio
O pasado 2 de maio tivo lugar a Carreira da Muller no Parque do Retiro en Madrid, coa participación de 16.000 mulleres, converténdose así no evento de running español con máis repercusión mediática e social, xunto á famosa San Silvestre Vallecana. A Ministra de Igualdade, Dª Bibiana Aído, procedeu ao corte da cinta de saída. Tras un emocionante minuto de silencio en memoria do recentemente falecido Juan Antonio Samaranch (Presidente de Honra do Comité Olímpico Internacional), as 16.000 corredoras tomaron por completo o Parque do Retiro e algunhas das rúas que o rodean. Penélope Baños, con 20 minutos e 48 segundos, conseguiu alzarse coa vitoria tras cubrir o seis quilómetros do circuíto a menos de 3:30 por quilómetro. Tras ela, Amaya Sanfabio e Ana Gayarre completaron o podio.
Despois da carreira chegaron os actos de homenaxe a Dª Marisol Casado (Presidenta da Federación Internacional de Tríatlon e nomeada fai poucas datas Membro do Comité Olímpico Internacional) e Dª Mercedes Coghen (campioa olímpica en Barcelona 92 e gran defensora da candidatura de Madrid 2016).