Carreira da Muller Santiago, 23 de Maio
La Carrera da Muller en Santiago de Compostela o pasado 23 de maio resultou todo un éxito cunha marca de participación de 2.400 mulleres no seu primeiro ano de convocatoria da Carreira da Muller. Cunha xornada moi calorosa, a longa fileira de participantes, encabezada pola galega María Abel e secundada por Chus Valiño, foi chegando á Praza do Obradoiro tras os 5,4 quilómetros do traxecto. A xornada pechouse coa entrega de premios ás vencedoras, atendendo a varios criterios: clasificación xeral, por idade ou por vínculos familiares, asociacións, concellos, colexios e ximnasios. Tamén se entregou un cheque con 2.400 euros (un por cada participante) á Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, Luz Hernando.