Constitúese a Mesa do Deporte Inclusivo no Consello Superior de Deportes
- Pola inclusión e a integración efectiva das persoas con discapacidade nun modelo deportivo que prime a igualdade de acceso e o respecto á diferenza
Madrid, 23 de outubro de 2018.- O Consello Superior de Deportes acolleu hoxe a constitución da Mesa do Deporte Inclusivo, iniciativa que conta coa representación de todos os sectores implicados e cuxo obxectivo é o desenvolvemento dun conxunto estruturado de actuacións relacionadas co fomento da actividade deportiva para a promoción da inclusión e a integración no deporte a través do deporte.
A primeira reunión da Mesa do Deporte Inclusivo, foi presidida polo director xeral de Deportes do CSD, Mariano Soriano e contou co saúdo da presidenta do CSD, María José Renda.
A constitución da Mesa do Deporte Inclusivo enmárcase no compromiso do Ministerio de Cultura e Deportes e o Consello Superior de Deportes polo desenvolvemento dunha actitude de respecto que fomente a sensibilización, o coñecemento e o respecto á diferenza a través da práctica deportiva.
Os principais obxectivos desta Mesa serán o deseño dunha folla de ruta no ámbito do deporte inclusivo en España e a xeración dun modelo propio, respectando as características de todos os implicados e co horizonte final de conseguir un modelo integrado de deporte no que teñan cabida todas as persoas.
Así mesmo, esta Mesa desenvolverá, desde o punto de vista integral, un conxunto estruturado de iniciativas relacionadas co fomento da actividade deportiva que promova a inclusión e a integración no deporte, pondo especial énfase nas persoas con discapacidade, aproveitando as organizacións deportivas xa existentes e trazando un camiño común.
A composición da primeira reunión da Mesa do Deporte Inclusivo foi a seguinte:
Mariano Soriano – director xeneral de Deportes do CSD
Carlos Gascón – subdirector xeral de Alta Competición do CSD
Manuel Calvo – xefe de Servizo de Alta Competición
Eva Moral Pedrero – Deportista Paralímpica
Carlos Daniel Casares – secretario xeral da Federación de Municipios e Provincias
Carmen Ocete, investigadora posdoctoral da Cátedra de Estudos do Deporte Inclusivo da UPM
Julia Casanueva – presidenta da Federación Española de Vela
Vicente Martínez – presidente da Federación Española de Tiro con Arco
Juan José Román – presidente da Federación Española de Piragüismo
Alberto Jofre – director xerente do Comité Paralímpico Español
Francisco Javier Rebollo – xefe de Área de Entidades Tuteladas da Dirección Xeral de Políticas de Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social
Francisco José Maldonado – secretario xeral da Federación Española de Deportes para Cegos
Roberto Sánchez – secretario xeral da Federación Española de Deportes para Xordos
Vicente Zalve – presidente da Federación Española de Persoas con Discapacidade Intelectual
José Alberto Álvarez – presidente da Federación Española de Persoas con Discapacidade Física
Julián Rebollo – presidente da Federación Española de Persoas con Parálise Cerebral e Dano Cerebral Adquirido
A composición completarase con dous representantes das Comunidades Autónomas cuxa designación se realizará na próxima reunión da Comisión Sectorial do Deporte.