Residencia "Joaquín Blume"
- Información sobre a Residencia
A residencia conta con 180 habitacións de uso individual e completamente equipadas e catro habitacións adaptadas para deportistas discapacitados. Ten, así mesmo, habitacións para monitores e amplas estancias para servizo médico e administración. Conta con todos os adiantos tecnolóxicos e unha gran variedade de servizos comúns como salas de estudo, biblioteca, sala de TV., sala de hidroterapia, lavandaría, cociñas, comedor para 220 persoas, cafetaría e garaxe para 80 prazas. En total a residencia conta cunha superficie construída de máis 12.000 m2 distribuída en seis plantas máis ático e garaxe.
Galería de fotografías da Residencia Joaquín Blume
Convocatoria de bolsas para a Residencia Joaquín Blume de Madrid