FAQs para deportistas profesionais durante a Fase 0
O Consello Superior de Deportes lanzou un documento con preguntas e respostas frecuentes para poder atender aos deportistas profesionais durante a Fase 0 da desescalada. Entre a información que ofrece, inclúense os requisitos para ser recoñecido como profesional, os documentos acreditativos necesarios para realizar deporte e quen os expide, ou como facer uso das distintas instalacións deportivas.