Madrid, 27 de setembro de 2018. O triatleta español Javier Gómez Noya elixiu a sede do Consello Superior de Deportes para celebrar o acto de despedida antes de afrontar un novo reto na súa carreira deportiva: o Ironman de Hawai, a proba de tria

Madrid, 27 de setembro de 2018. O triatleta español Javier Gómez Noya elixiu a sede do Consello Superior de Deportes para celebrar o acto de despedida antes de afrontar un novo reto na súa carreira deportiva: o Ironman de Hawai, a proba de tríatlon máis prestixiosa do Mundo.



O acto contou coa presenza da presidenta do CSD, María José Renda, que eloxiou a traxectoria do triatleta español e o seu gran palmarés deportivo. “Estamos ante un gran deportista español que transmite valores de constancia e traballo. Es un orgullo para todos e un referente para os nosos deportistas. Soubeches superar a adversidade e segues demostrando cada día a túa valentía”.



A presidenta do CSD desexou a mellor das sortes a Javier Gómez Noya e agradeceu ao Banco Santander o seu compromiso e apoio ao deporte e aos deportistas españois. “Fagas o que fagas sempre serás un gran campión. Estou convencida de que o traballo sempre dá a súa recompensa”, engadiu.



Pola súa banda, Javier Gómez Noya recoñeceu que afronta un reto moi importante para o que se preparou duramente ao longo dos últimos meses. O cinco veces campión do Mundo valorou o “o gran nivel” demostrado polo tríatlon español na actualidade. “Temos un gran equipo e espero que dure moito tempo”. Gómez Noya asegurou que ao termo da tempada tomará unha decisión sobre a súa volta á distancia olímpica. “Non pechei a porta aos Xogos Olímpicos”, resolveu.  



O responsable de Patrocinios de Santander, Felipe Martín, lembrou o respaldo da entidade ao deporte español. “Con este tipo de actos e co apoio a Javier Gómez Noya queremos pór en valor a súa figura. A aposta do Santander polo deporte é clara”.