O Consello Superior de Deportes fai efectivo o último pago da subvención dos Xogos do Mediterráneo de Tarragona 2018(09/10/2018)
A achega do Estado a este evento superou os 13 millóns de euros
Madrid, 09 de outubro de 2018.- O Consello Superior de Deportes fixo efectivo hoxe o último pago dos XVIII Xogos Olímpicos do Mediterráneo que se celebraron este pasado verán en Tarragona.
A cantidade total que o CSD achegou para a celebración dos Xogos Olímpicos do Mediterráneo 2018 foi de 13.026.248,09 €.
En maio de 2016 asinouse o convenio co Concello de Tarragona para o financiamento das obras necesarias no Estadio do Gimnástic, cuxa cantidade ascendeu a 2.526.248,09 €
En setembro de 2017, o Consello Superior de Deportes abonou, con cargo aos orzamentos xerais do Estado, un total de 3.750.000,00 € para os gastos operativos deste evento, así como outros 3 millóns de euros para colaborar na construción dunha piscina olímpica para os Xogos Mediterráneos.
O pasado 22 de agosto de 2018 asinouse o convenio entre o Consello Superior de Deportes e o Concello de Tarragona para o financiamento dos gastos de organización dos Xogos Mediterráneos Tarragona 2018, que contemplou a subvención nominativa concedida para financiar gastos operativos por un total de 3.750.000 € con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado de 2018.
Estes investimentos, ademais de posibilitar este gran evento deportivo, deixaron na cidade tarraconense un legado en forma de instalacións para todos os cidadáns, que se poderán beneficiar da piscina de 50 metros, a primeira da cidade, así como un estadio que viu remocicadas as súas bancadas, os accesos ás tribunas, a pavimentación dos espazos externos así como a iluminación interna e externa deste recinto.
Os Xogos do Mediterráneo de Tarragona disputáronse o pasado verán, entre o 22 de xuño e o 1 de xullo de 2018. España participou con 396 deportistas (218 homes e 178 mulleres), 178 oficiais e 31 árbitros, sendo a segunda delegación máis numerosa.
O #TeamESP logrou terminar na segunda posición do medalleiro, cun total de 84 metais (25 de ouro, 31 de prata e 28 de bronce). Nas competicións estiveron participantes de máximo nivel como as medallistas olímpicas Mireia Belmonte, Lydia Valentín ou Marcus Cooper, así como campións do Mundo e de Europa como Ray Zapata, Josué Brachi, María Bernabéu, Nikolov Sherezadishvili ou Fátima Gálvez, entre outros.