O CSD considera a ADESP un aliado fundamental no desenvolvemento dos proxectos con cargo aos fondos europeos
- Durante un encontro por videoconferencia, a presidenta do Consello Superior de Deportes, Irene Lozano, trasladou ao presidente da Asociación do Deporte Español, José Hidalgo, a importancia que ten a súa organización na implementación daquelas accións que o Goberno vai pór en marcha a favor do deporte no noso país grazas aos fondos europeos
Madrid, 26 febreiro de 2021.- A presidenta do Consello Superior de Deportes (CSD), Irene Lozano, mantivo esta mañá un encontro co presidente da Asociación do Deporte Español (ADESP), José Hidalgo, ao que trasladou o papel crave que ten a súa organización no desenvolvemento dos proxectos con cargo aos fondos europeos que se van a pór en marcha nos próximo meses no ámbito do deporte.
Esta reunión, realizada por videoconferencia, é a primeira que Lozano mantén con dirixentes do deporte no noso país tras a presentación de alto nivel dos proxectos que esta semana tivo lugar ante a Comisión Europea. Desta forma quixo deixar clara a importancia de ADESP, asociación que agrupa á maioría das federacións españolas, na implementación daquelas accións que o Goberno vai pór en marcha a favor do deporte en España cos fondos europeos.
O Consello Superior de Deportes ten como obxectivo que este diñeiro se destine a diferentes proxectos elaborados con base nunhas liñas mestras claras como son a dixitalización, a transición ecolóxica, a igualdade e a Internacionalización.