O CSD recibe 151 achegas ao Anteproxecto da Lei do Deporte

Tras o período de audiencia e información pública

Madrid, 02 de abril de 2019. O Consello Superior de Deportes (CSD) recibiu un total de 151 achegas ao Anteproxecto da Lei do Deporte durante o período de audiencia e información pública que concluíu o pasado cinco de marzo.

Diferentes axentes do deporte participaron neste proceso, que foi ampliado nunha semana a pedimento da maioría deles. En concreto, o CSD recolleu as achegas realizadas por federacións deportivas nacionais e autonómicas, asociacións de deportistas, comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Así mesmo, varios organismos deportivos tamén fixeron chegar as súas contribucións, como é o caso da Asociación do Deporte Español (ADESP), a Asociación de Ligas Profesionais Españolas, o Comité Olímpico Español (COE), ou o Comité Paralímpico Español (CPE).

También participaron outros colectivos como a Federación de Asociacións de Xestores do Deporte de España (FAGDE), os Colexios oficiais da Educación Física e do Deporte de España (Consello COLEF), diferentes ligas profesionais, así como numerosas persoas a nivel individual. 

La maioría das achegas recibidas recollen diferentes puntos de vista sobre os artigos que compoñen o Anteproxecto, aínda que tamén as hai centradas en realizar propostas de inclusión de diferentes materias.

Nova rolda de reunións

A partir de agora, o CSD vai proceder a facer unha ordenación e estudo pormenorizado de todas as achegas recibidas para, a seguir, comezar unha nova rolda de reunións co obxectivo de elaborar un texto final que conte co maior consenso posible.

Para a presidenta do Consello Superior de Deportes, María José Rienda, desde o CSD “séguense dando os pasos necesarios para a elaboración dunha Lei do Deporte que conte coa máxima participación e coas achegas de todos os axentes implicados”.

“Esta Lei é unha prioridade e quixemos ser sensibles ante as inquietudes e as necesidades expostas polos diferentes actores do deporte español. Agora, seguiremos traballando con transparencia e responsabilidade para lograr o maior consenso posible. O noso deporte necesita un marco normativo actualizado e avanzado en materias como a igualdade de xénero, o deporte inclusivo, a gobernación nas federacións e a coordinación coas Comunidades Autónomas, entre outros aspectos”, engadiu Rienda.