O Goberno apoiarase no deporte e os deportistas para xeneralizar o uso da APP Radar Covid

A extensión desta ferramenta dixital no deporte, como referente social de primeiro nivel, pretende contribuír á loita contra a Covid-19

 

  • “As posibilidades de colaboración entre o sector do deporte e a dixitalización son enormes”, manifestou Irene Lozano

 

  • A APP Radar Covid é clave para reducir a incidencia da pandemia: estímase que se o 20% da poboación realiza a descarga, conseguirase reducir o impacto da pandemia nun 30%

 

Madrid, 06 de outubro de 2020.- A presidenta do Consello Superior de Deportes (CSD), Irene Lozano, mantivo hoxe unha reunión coa secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, que serviu de punto de partida para establecer unha liña de traballo conxunta no impulso do proceso de dixitalización do deporte e na loita contra a Covid-19.

No encontro, celebrado nas instalacións do Centro do Alto Rendemento (CAR) de Madrid do CSD, Irene Lozano comprometeuse apoiar a difusión e descarga da aplicación informática (APP) Radar Covid no ámbito deportivo para que deportistas, clubs, ligas, federacións, organizadores e o resto de actores do sector colabore de forma activa na diminución da incidencia da pandemia.

“Estamos moi satisfeitos coa reunión de hoxe coa secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial porque pensamos que as posibilidades de colaboración entre o sector do deporte e a dixitalización son enormes. Hoxe puxemos a primeira pedra de moitos proxectos que van ser cruciais para  o deporte, para a dixitalización do noso país e para a loita fronte á Covid-19”, asegurou a presidenta do CSD.

Para a secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, “é fundamental acelerar a adopción de Radar COVID ante a situación actual: a APP demostrou ser unha ferramenta moi eficaz para atallar as cadeas de contaxio, pero depende de alcanzar o número máximo de descargas. Nese sentido, os deportistas poden ser poderosos altofalantes para chegar a moitos, sobre todo os máis novos. Por iso agradecemos ao CSD e á súa presidenta, Irene Lozano, a disposición a colaborar para buscar vías de difusión da APP entre as federacións deportivas”, manifestou.

APP para a detección de contagios

Se trata dunha aplicación deseñada e dirixida pola Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, cuxo obxectivo é axudar a evitar a propagación da COVI-19 entre a cidadanía. Funciona como ferramenta na detección de contagios por contactos estreitos ante unha situación de rebrote da pandemia.

Radar COVID avisa de maneira anónima do posible contacto a menos de dous metros de distancia e durante polo menos 15 minutos, que unha persoa puidese ter con outra persoa infectada ao longo dos últimos 14 días.

Esta APP permite ademais comunicar de forma anónima tanto un diagnóstico positivo, como as persoas coas que se estivo en contacto. Estímase que se o 20% da poboación realiza a descarga desta APP, conseguirase reducir o impacto da pandemia nun 30%.

El compromiso subscrito hoxe entre o CSD e a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial parte da idea de que o mundo do deporte, como referente social de primeira orde para moitos colectivos, especialmente entre os máis novos, pode ser un modelo de conduta entre os cidadáns e así contribuír á redución da incidencia da pandemia.

Aposta do CSD pola dixitalización do deporte

Un dos obxectivos estratéxicos marcados por Irene Lozano, como presidenta de CSD, é a transformación dixital do mundo do deporte. Este proceso de dixitalización permitirá proporcionar ferramentas que melloren o rendemento dos nosos deportistas, xerar novos modelos de negocio que acheguen maiores ingresos e axudar ás entidades na toma de decisións. En definitiva, trátase de incorporar de maneira decidida a tecnoloxía e a innovación na xestión global das organizacións deportivas