Os programas Team España do CSD cubrirán máis de sesenta especialidades de corenta deportes distintos

  • Os novos programas postos en marcha polo Goberno apoiarán a preparación de deportistas de case corenta Federacións, abarcando máis de sesenta especialidades deportivas olímpicas, paralímpicas e de interese estratéxico

 

  • La inxección de 16 millóns de euros para 2022 -48 millóns ata 2024- canalizarase a través das Federaciones Deportivas Españolas con base en criterios técnicos e obxectivos concretos para cada deportista e proba

 

  • José Manuel Franco: “os programas Team España chegaron para revolucionar a preparación olímpica e paralímpica” e reflicten o “firme compromiso do Goberno con todos os deportes”

 

 

Madrid, 11 de outubro 2022. Os novos programas Team España, postos en marcha polo Consello Superior de Deportes (CSD) co obxectivo de impulsar a preparación e resultados nos próximos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, cubrirán durante o ano 2022 aos e as deportistas máis de sesenta especialidades distintas de case corenta Federacións Deportivas Españolas (FFDDEE).

Pista ao aire libre, marcha e ruta en atletismo; ximnasia rítmica e artística; waterpolo; ciclismo en pista, ruta, estilo libre e adaptado; escalada e esquí de montaña; remo olímpico; piragüismo en slalom, augas tranquilas e paracanoe; ou tríatlon e paratriatlón son algunhas das 66 especialidades distintas que impulsará Team España a través das 36 Federacións beneficiarias do programa durante este ano.

“Os programas Team España chegaron para revolucionar a preparación olímpica e paralímpica dos nosos deportistas” subliña o presidente do CSD, José Manuel Franco. “Un proxecto ambicioso e ilusionante que demostra o firme compromiso do Goberno con todos os deportes e o seu inmenso poder de proxección da imaxe de España no mundo”. Como lembra, este novo proxecto pretende “superar os resultados de Barcelona 92, cuxo medalleiro segue sendo o teito de cristal do noso olimpismo” e “manter a España entre os referentes do deporte paralímpico a nivel internacional”.

Para iso, o Consello de Ministros aprobou o pasado 4 de outubro unha nova inxección de 16 millóns de euros para 2022, dun total de 48 millóns para o que resta de ciclo olímpico. Un orzamento que se nutre dos fondos dos Pactos de Viana -ingresos obtidos da comercialización de dereitos audiovisuais do fútbol profesional- e que se distribuirá a través das FFDDEE segundo criterios técnicos establecidos por unha comisión de valoración do CSD.

Entre os requisitos, o programa Team España Élite terá en conta a aqueles deportistas e equipos con posibilidades obxectivas de conseguir unha praza entre o oito mellores nos JJOO e un podio nos Xogos Paralímpicos, segundo resultados previos en competicións nacionais e internacionais. E o programa Team España Interese Estratéxico -dirixido a especialidades non olímpicas pero craves na proxección da imaxe de España- apoiará ao desenvolvemento da base da elite en función de proxectos concretos que presenten as súas Federacións.

En calquera caso, a dotación adicional de recursos para as FFDDEE que supoñen os programas Team España requirirá do acordo conxunto de obxectivos de máximo nivel deportivo, tratándose así dun financiamento finalista e específico, adecuada a necesidades individuais de deportistas e equipos.