A secretaria de Estado para o Deporte visita a Academia Aspire e o Hospital Aspetar de Qatar
Madrid, 04 de outubro de 2019. A secretaria de Estado para o Deporte e presidenta do CSD, María José Renda, visitou hoxe a Academia Aspire de Doha, un centro de alto rendemento que combina o adestramento e a formación de atletas cataríes. Ademais, tivo a oportunidade de coñecer o Hospital Aspetar, referente no coidado da saúde dos deportistas.
Renda puxo en valor “a aposta polas tecnoloxías” de ambos os centros, así como o investimento realizado neles co obxectivo de “dar as mellores atencións posibles aos atletas e fomentar a práctica deportiva de alto nivel”.
Durante as visitas estivo acompañada por dúas dos seus responsables, Iván Bravo, director da Academia, e Juan Manuel Alonso, director Médico do Campionato Mundial da IAAF Doha 2019 e membro do Hospital Aspetar.
Felicitación a Orlando Ortega
Na xornada de onte, a presidenta do CSD tivo a oportunidade de manter un encontro co atleta Orlando Ortega, ao que puido felicitar despois de que a IAAF decidise finalmente outorgarlle a medalla de bronce tras a súa participación na proba de 110 metros valas: “merécello por todo o traballo que leva detrás”, resaltou.
Mañá sábado, reunirase con toda a delegación española. Un encontro no que estarán presentes os atletas que a forman, así como os máximos dirixentes da Real Federación Española de Atletismo, Raúl Chapado, presidente da mesma, e Carlota Castrejana, secretaria Xeral.
Ligazón para descarga de imaxes: https://www.flickr.com/photos/149228308@N03/albums/72157711185265226