Censo Nacional de Instalacións Deportivas

O Consello Superior de Deportes presenta o Censo Nacional de Instalacións Deportivas 2005 (CNID-05),

co que se conclúe o estudo sobre a estrutura das instalacións deportivas compostas de espazos deportivos e complementarios.

Este Censo, cuxos datos se terminaron de obter o a 30 de decembro de 2005, supón un importante avance cualitativo respecto ao estudo realizado en 1997 pola incorporación de novos elementos de análises, como é a desagregación dos espazos complementarios e os espazos deportivos e a subdivisión dos espazos non convencionais en singulares e áreas de actividade físico-deportivas.

Os datos que compoñen o CNID-2005 teñen por obxecto fundamental facilitar a posta en práctica dos Plans Directores de Infraestruturas Deportivas nas distintas Comunidades Autónomas. Cada Comunidade Autónoma pode, a partir dos datos obtidos e en función da demanda de actividade dos deportistas reais ou potenciais, elaborar unha planificación de instalacións deportivas adecuada ás necesidades.

O tempo transcorrido desde entón –máis de oito anos- obrigaba ao contraste e actualización de datos e a un novo traballo de campo que permitise profundar no estudo da evolución experimentada na nosa sociedade, tamén na cantidade e calidade das instalacións deportivas, en coordinación coas Comunidades e Cidades Autónomas.

A análise dos datos convida a múltiples reflexións, porque a nosa sociedade, as súas circunstancias humanas e deportivas, así nolo esixen.

Este Censo Nacional de Instalacións Deportivas incorpora no seu traballo o resultado de novos métodos de comprobación de datos e todo un completo estudo informático, que nos permitiu coñecer, palmo a palmo, a realidade viva e plural das instalacións das nosas pequenas e grandes localidades e, por agregación, a fotografía actual das infraestruturas deportivas das distintas Comunidades Autónomas.

Este feito é de decisiva importancia para o Consello Superior de Deportes porque lle permite objetivar ao máximo a necesaria planificación de mellora das instalacións existentes e de construción doutras novas, aplicando criterios de racionalidade e conveniencia. Nunha palabra, investir alí onde sexa necesario para cumprir co obxectivo básico de todo órgano da Administración Pública: administrar adecuadamente o diñeiro do contribuínte.

Por último, significar que o Censo Nacional de Instalacións Deportivas 2005, que presentamos o 5 de xuño pasado, é un documento con proxección de futuro e cuxa vixencia será decisiva para a política de construción de instalacións deportivas do novo século.

 

Para a interpretación dos datos obtidos nesta consulta é importante ter en conta que non se publican en Internet todas as instalacións deportivas, podendo existir lixeiras discrepancias entre os resultados proporcionados por esta ferramenta e a situación real do parque de instalacións.