Novas Metas II
NOVAS METAS II é un programa deseñado para apoiar ao deportista de Alto Nivel no final da súa carreira deportiva, sobre todo a aqueles deportistas que presentan certas necesidades específicas ou reaxustes a nivel ocupacional, formativo, financeiro e psicosocial.
Novas Metas II pretende que a práctica deportiva non sexa un factor negativo para o futuro profesional e persoal dos deportistas de Alto Nivel.
Novas Metas II proporciona apoio aos deportistas no proceso da súa retirada, dotándolles das ferramentas necesarias que lles permitan unha integración socio-laboral o máis exitosa posible. Os plans de actuación deste programa son:
- Empregabilidade
- Formación
- Desenvolvemento Persoal
- Comunicación e promoción.