O abuso sexual infantil queda fóra de xogo
Celebrado coa asistencia de importantes autoridades deportivas iberoamericanas o “Seminario de Protección do Neno, a Nena e os Adolescentes no Deporte” organizado polo CSD e a Cooperación Española na Antiga, Guatemala, do 7 ao 10 de outubro de 2019.
Está a celebrarse un Forum de deporte e dereitos humanos en Xenebra neste momento coa presenza da Presidenta e a idea é que puidese verse xa.
Proxecto i-protect
Proxecto impulsado polo Consello Superior de Deportes, cofinanciado polo programa Erasmus Plus da Unión Europea e coa participación dos gobernos de Francia, Luxemburgo, Reino Unido, Italia e Bélxica, para o desenvolvemento dunha plataforma dixital dirixida a entidades e organizacións do deporte basee, deportistas, familias, adestradores e xestores deportivos cuxo obxectivo é facilitar ferramentas aplicables á protección da integridade dos menores no deporte.
Acceso á páxina do proxecto para mais información
Guías de actividades de prevención do abuso sexual infantil no deporte para adestradores, adestradoras e profesorado de educación física promovidas polo CSD e a Fundación Deporte Novo en colaboración con Unicef
Versión en Español | Versión en Inglés |
---|---|
Carteis e marcapáginas das campañas de protección ao menor:
Versión en Español | Versión en Inglés |
---|---|
Campaña do Consello de Europa contra o abuso infantil no deporte.
Accede á web da camapaña Start to Talk.
-
Fundación ANAR
A Fundación ANAR (Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco) é unha organización sen ánimo de lucro. As súas orixes remóntanse a 1970 e, desde entón, dedícase no marco da Convención dos Dereitos do Neno de Nacións Unidas, á promoción e defensa dos dereitos dos nenos e adolescentes en situación de risco e desamparo, mediante o desenvolvemento de proxectos tanto en España como en Latinoamérica.