Pilar Alegría e Víctor Francos asisten ao partido entre España e Italia en Pasarón

A selección feminina de fútbol, clasificada para as semifinais da liga de Nacións, mantense na pelexa por unha praza olímpica

Pontevedra, 1 de decembro de 2023.- A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría, e o presidente do Consello Superior de Deportes, Víctor Francos, asistiron este venres en Pontevedra ao quinto partido da fase de grupos da liga de Nacións entre as seleccións femininas de fútbol de España e Italia.

El estadio municipal de Pasarón foi o escenario dun partido que terminou con vitoria visitante, por 2-3.

Pese a este resultado adverso e á espera de completar a fase de grupos o próximo 5 de decembro en Málaga fronte ao combinado de Suecia, a selección española feminina de fútbol está clasificada matematicamente para a fase final da liga de Nacións.

En febreiro de 2024 o equipo español afrontará as semifinais deste torneo, clasificatorio para os Xogos Olímpicos. Se accede á final, a selección aseguraríase a súa participación en París 2024. Sería a primeira vez que España tería representación no torneo olímpico feminino de fútbol.