A campaña #YoMeMuevoEnCasa do CSD e o Consello COLEF lembra a importancia de manter un estilo de vida activo durante o estado de alarma

Difundirá mensaxes con recomendacións para realizar actividade física no fogar e reducir o sedentarismo

Madrid, 18 de marzo de 2020.- O Consello Superior de Deportes (CSD) e o Consello Xeral da Educación Física e Deportiva (COLEF) lanzaron a campaña en redes sociais #YoMeMuevoEnCasa para promover a actividade e o exercicio físico nos fogares durante os días do estado de alarma decretado tras a extensión do COVID-19 no noso país.

Grazas a esta iniciativa difundiranse unha serie de recomendacións con actividades sinxelas e adecuadas para diferentes idades e condicións físicas. As mensaxes convidarán á realización de exercicios con elementos que forman parte da nosa vida cotiá e á creación dunha rutina periódica de hábitos activos.

A campaña lembra que a estancia prolongada no fogar pode permitir a realización de exercicios con elementos da nosa vida cotiá e co noso propio peso para potenciar cualidades como a forza ou a coordinación e, ademais, facelo en familia.

Así mesmo, é recomendable reducir o tempo de exposición á pantalla en todas as idades mediante unha rutina periódica de hábitos activos ou con alternativas como o baile ou o xogo en movemento con retos de equilibrio ou destreza.

Con esta campaña, o CSD e o Consello COLEF, órgano que representa aos Colexios oficiais de Educadores Físico Deportivos en España, súmanse á iniciativa #YoMeQuedoEnCasa e destacan a importancia de manternos activos para evitar os efectos da inactividade física provocada polo estado de alarma sanitaria.

O Consello Superior de Deportes recomenda que, para manter a nosa actividade física habitual ou descubrir os beneficios do exercicio nas nosas casas, débese seguir sempre as recomendacións das autoridades sanitarias e, especificamente, aquelas que nos ofrecen os profesionais cualificados.