Manuais de Boas Prácticas e de Seguridade

Manuais de Boas Prácticas

“A partir da cultura de colaboración nada do proxecto MAID (Mellora e Armonización das Instalacións Deportivas en España), desde o Consello Superior de Deportes e a Federación Española de Municipios e Provincias, en cooperación co Instituto de Biomecánica de Valencia, desenvolveuse esta publicación, concibida e realizada coa vocación de servir de ferramenta básica aos xestores municipais, ao obxecto de facilitar o seu labor cotián e incrementar a calidade das instalacións deportivas e os servizos que desde elas se ofertan, no seu papel de xestores de recursos para a calidade de vida de todos os axentes implicados, usuarios, visitantes e os propios profesionais que nela desenvolven a súa actividade. 



O contido da publicación é produto da experiencia acumulada e do desenvolvemento de proxectos e estudos concretos por todos os axentes implicados no deporte en España, comezando pola propia dirección Xeral de Infraestruturas deportivas do CSD, o sector industrial dos deportes español, as asociacións empresariais representantes do sector, a comisión de deportes da FEMP e contando co apoio como secretaría técnica do Instituto de Biomecánica de Valencia apoiada na súa dilatada carreira investigadora e reguladora neste sector. Durante os últimos anos, e debido principalmente á implicación directa do CSD na impulsión e coordinación de proxectos relacionados con infraestruturas deportivas, desenvolvéronse as canles que fixeron posible o traballo coordinado entre as CCAA, a Administración Local, as empresas, as universidades e todo tipo de entidades, fortalecendo a visión común de mellorar a calidade, seguridade e accesibilidade das Instalacións Deportivas en España, focalizando o traballo na mellora da calidade de vida do cidadán a través da mellora dos servizos ofrecidos



A estrutura da que se dotou á mesma, está divida en tres partes claramente diferenciadas:

  1. Nunha primeira parte incluíronse nove manuais de Boas Prácticas, dirixidos a tres ámbitos moi concretos da xestión como son a atención ao cliente, a xestión de recursos humanos e a xestión de recursos materiais.
  2. A segunda parte da publicación, inclúe modelos de pregos de prescricións técnicas de instalacións deportivas moi usuais no ámbito local, recollendo nos mesmos a totalidade das recomendacións técnicas actualmente existentes nos ámbitos UNE e AENOR.
  3. A última parte da publicación incide directamente na planificación, co ánimo de impulsar a redacción dos Plans Directores de Instalacións Deportivas, a través do apoio técnico e da experiencia dos actualmente vixentes en todo o territorio nacional.



Evidentemente, este documento aspira a ser un instrumento de apoio en todas as fases do ciclo de vida dunha instalación deportiva, desde a planificación, ao mantemento da mesma, pasando, por suposto, pola tarefa da súa xestión diaria. Todo, coa vista posta en garantir a práctica deportiva a “todas as persoas” de forma segura, funcional e confortable.



En definitiva e para finalizar, levamos a cabo esta publicación co claro obxectivo de servir de guía na xestión e planificación de infraestruturas deportivas, desde o convencemento de que o cumprimento do seu contido é firme garantía de modernidade e de CALIDADE das mesmas.”

Manuais de Seguridade en Instalacións deportivas

O CSD editou dous manuais orientados á mellora da seguridade nas Instalacións Deportivas. O primeiro deles recolle principios básicos que os xestores das instalacións deportivas deben observar para garantir a seguridade. O segundo realiza unha compilación das normas e especificacións técnicas de referencia concernentes á seguridade nas Instalacións deportivas.