España logra 5 medallas nos Mundiais de piragüismo, que poden chegar a seis caso de prosperar a reclamación da federación
Madrid, 27 de agosto de 2018. O director Xeral do Consello Superior de Deportes, Mariano Soriano, visitou este fin de semana o campo de regatas de Montemor (Portugal) para acompañar á selección española de piragüismo, que terminou o Campionato do Mundo con cinco medallas, que poden ser finalmente seis, caso de que prospere a reclamación no K1 5.000 metros presentada pola Federación Española ante a Internacional de Piragüismo
Os piragüistas do #Team Esp lograron dúas medallas de ouro (Carlos Garrote, en categoría K1 200 metros e a parella formada por Francisco Cubelos e Iñigo Pena en K2 1000 metros); outras dúas de prata (unha na categoría K4 500 metros co equipo formado por Saúl Craviotto, Cristian Toro, Marcus Cooper e Rodrigo Germade, e a outra na clase K2 200 metros coa tripulación formada por Saúl Craviotto e Christian Toro) e unha de bronce, que foi para a categoría de K4 1.000 metros, integrada por Francisco Cubelos, Rubén Millán, Pelayo Roza e Iñigo Pena.
España aínda pode sumar a súa sexta medalla neste Campionato do Mundo, xa que na distancia máis longa nos mundiais de esprint (5.000 metros), o asturiano Javier Hernanz (K1) está pendente de que se resolva a reclamación presentada pola delegación española á Federación Internacional de Piragüismo reivindicando a súa medalla de bronce tras chegar cuarto e ascender un posto pola descualificación do rival noruegués, por saltarse unha aboia, a cal foi posteriormente revogada.
O Mundial 2018, disputado en Montemor (Portugal), contou coa presenza de 700 padeeiros de 66 países.