A selección española de baloncesto, campioa do Mundo tras vencer a Arxentina na final

O equipo de Scariolo logrou en Pequín a medalla de ouro do Mundial ao imporse ao conxunto arxentino, repetindo así o mundial logrado en 2006

Madrid, 15 de setembro de 2019. A selección española de baloncesto volveu a facer historia tras gañar o Campionato do Mundo de Baloncesto celebrado en Pequín, título que se suma ao conseguido en Xapón en 2006.

O conxunto liderado por Sergio Scariolo foi de menos a máis durante a final fronte á selección arxentina (75-95 resultado final), na que sempre estivo por diante no marcador. Ao encontro asistiron o ministro de Cultura e Deporte, José Guirao, e a presidenta do Consello Superior de Deportes, María José Renda. Uns 18.000 espectadores estiveron na final disputada no Wukasong Sports Center de Pequín –o mesmo escenario, por certo, onde a selección logrou a prata olímpica de Pequín 2008-.

Ao termo da final, a Federación Internacional de Baloncesto elixiu ao mellor “cinco” do mundial, no que estaban dous xogadores españois: Marc Gasol e Ricky Rubio, que ademais, foi elixido como o mellor xogador de todo o campionato e tamén, da final.

A traxectoria do equipo español no Mundial foi impecable: para converterse en campioa do mundo estivo invicta durante toda a competición. No camiño ata a medalla de ouro venceu ás seleccións de Tunes, Porto Rico, Irán, Italia, Serbia, Polonia, Australia –con dúas prórrogas incluídas- e a Arxentina. Ademais da medalla de ouro conseguida, o conxunto español xa está clasificado para os próximos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

Imaxes: Alberto Nevado/ Federación Española de Baloncesto