Organismos internacionais

UNIÓN EUROPEA

www.europa.eu

 A Comisión europea está composta por varias Direccións Xerais e distintos departamentos. Dentro da Dirección Xeral de Educación e Cultura, está a Unidade de Deportes, que é responsable das seguintes áreas:

  • Cooperación dentro da Comisión e con outras institucións sobre asuntos relacionados co deporte.
  • Cooperación con institucións, organizacións e federacións deportivas nacionais e internacionais.
  • Reunións bilaterais con institucións e organizacións deportivas e con federacións deportivas internacionais.

Normalmente o país que ten a presidencia celebra unha reunión informal de Ministros europeos responsables do  deporte.

Luxemburgo presidiu o primeiro semestre de 2005 e  celebrou unha reunión informal de Ministros os días 28 e 29 de abril.

No segundo semestre, a presidencia corre a cargo do Reino Unido e está prevista unha reunión informal de Ministros en Liverpool, os días 19 e 20 de setembro.

Desde o 1º de xaneiro é Austria a encargada de dirixir a política de deportes da Unión Europea.

CONSELLO DE EUROPA

www.coe.int

O Consello de Europa é unha organización internacional fundada en 1949 por dez países membros. Paulatinamente os países membros han ido aumentando ata chegar actualmente a 46. España é membro desde 1977.

A cooperación deportiva no seo do Consello de Europa desenvólvese en complementariedade entre os órganos gobernamentais e non gobernamentais, no marco do Comité para o Desenvolvemento do Deporte (CDDS).

 O Consello de Europa propón aos Estados membros unha rede de convenios e acordos que constitúen o fundamento dun verdadeiro e propio “Dereito europeo”.

  No ámbito do deporte existen dous convenios:

  • Convenio sobre unha formulación integrada de protección, seguridade e atención nos partidos de fútbol e outros acontecementos deportivos (Convenio número 218 do Consello de Europa) feito en Saint-Denis o 3 de xullo de 2016.

  • O Convenio contra a dopaxe, asinando en 1989 e ratificado por España en 1992.

  Existen dous Comités que verifican a aplicación destes dous Convenios:

  • O Comité Permanente (T-RV) do Convenio contra a violencia
  • O Grupo de seguimento do Convenio contra a dopaxe (T-DO)

Expertos españois na materia forman parte destes Comités e asisten regularmente ás súas reunións.

Cada catro anos celébrase unha Conferencia de Ministros europeos responsables do Deporte e xeralmente unha reunión informal de Ministros no período intermedio.

 A última Conferencia de Ministros europeos responsables do Deporte celebrouse en Budapest os días 14 e 15 de outubro de 2004. O tema principal da Conferencia foi “o bo goberno no deporte”.

 En outubro de 2006 está prevista a celebración dunha “reunión informal de Ministros europeos do Deporte”, en Moscova.

UNESCO

Portal.UNESCO.org

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia  e a Cultura (UNESCO) naceu o 16 de novembro de 1945.

A UNESCO desprega a súa acción nos ámbitos da Educación, as Ciencias Naturais e Exactas, as Ciencias Humanas e Sociais, a Cultura, a Comunicación e a Información.

A misión da UNESCO  no marco da promoción da educación física e do deporte fundaméntase nos obxectivos xerais e específicos da Carta internacional da Educación Física e do deporte, adoptada pola Conferencia Xeral da UNESCO, na súa 20 sesión, celebrada en París, en novembro de 1978.

O Comité intergobernamental para a educación física e o deporte (CIGEPS) créase no seo da UNESCO, en 1979, con miras a coordinar, promover e difundir a acción no ámbito da educación física e o deporte. O obxectivo era introducir novos métodos de consulta e cooperación, máis flexibles e de custo efectivo, no ámbito da educación  física e o deporte.

O interese da UNESCO pola educación física e o deporte queda igualmente posto de manifesto no I Conferencia internacional de Ministros e altos funcionarios responsables da educación física e o deporte (MINEPS), que se celebrou en París,  en 1976 e que constituíu a orixe dun proceso de elaboración a escala internacional dunha estratexia de desenvolvemento da educación física e do deporte, considerados como un aspecto esencial do dereito á educación, unha dimensión da cultura constitutiva do humanismo moderno e un elemento fundamental da formación armoniosa do home.   Ata 1988, en Moscova, non se celebraría o II MINEPS. E en 1999, en Uruguai, tivo lugar o III MINEPS

En decembro de 2004, celebrouse o IV MINEPS,  na que se debateu entre outros o proxecto de Convención Internacional contra a Dopaxe no Deporte e na que se adoptou a Declaración de Atenas, comprometéndose a “pór en vigor políticas coherentes e tomar medidas concretas para o desenvolvemento da educación física e o deporte”.

 Do 3 ao 21 de outubro, celebrouse en París a 33 Conferencia Xeral da UNESCO e un dos temas que se debateu fué o Proxecto de Convención internacional contra a dopaxe, aprobándose o día 19 de outubro. Nestes momentos a Convención está pendente da súa ratificación.

WADA/AMA

www.wada-ama.org

A Conferencia mundial sobre a dopaxe no deporte, que se celebrou en Lausanne en febreiro de 1999, deu lugar á Declaración de Lausanne sobre a dopaxe no deporte. Neste documento establecíase a creación dunha axencia internacional  antidopaxe independente, que debía estar totalmente operativa para os Xogos da XVII Olimpíada, a celebrar en Sydney, no 2000.

A Axencia Mundial Antidopaxe creouse para promover e coordinar a loita contra a dopaxe no deporte no plano internacional. A AMA constituíuse en fundación por iniciativa do Comité Olímpico Internacional (CIO), co apoio e a participación de organizacións intergobernamentais, de gobernos, de administracións e doutros organismos públicos e privados comprometidos na loita contra a dopaxe no deporte.

O Código Mundial Antidopaxe constitúe o documento de base do Programa mundial antidopaxe. É o primeiro documento que trata de harmonizar as regras relativas á dopaxe nos diversos países do mundo e nas distintas disciplinas deportivas. Trátase dun documento fundamental que constitúe o marco das políticas, as regras e os regulamentos en materia  de loita contra a dopaxe tanto das organizacións deportivas como das autoridades públicas.

A maioría das federacións deportivas e preto de 80 gobernos do mundo enteiro han aprobado o Código Mundial Antidopaxe. España adheriuse coa firma da declaración de Copenhague e posteriormente, en xuño de 2005, aceptou o Código da WADA.

No ano 2007 celebrarase en Madrid a Conferencia Mundial sobre a dopaxe no deporte de WADA que volverá definir as tendencias da Axencia en materia de dopaxe.