Premios Nacionais do Deporte

Premios Nacionais do Deporte

 

O Consello Superior de Deportes entrega desde o ano 1982 os Premios Nacionais do Deporte para distinguir aos deportistas, asociacións, entidades e a aquelas persoas que destacasen polo impulso ou promoción da Educación Física e o Deporte.

 

Os Premios Nacionais do Deporte son unha distinción que outorga o Consello Superior de Deportes desde 1982, co obxectivo de recoñecer aos e as deportistas, entidades públicas ou privadas, federacións, clubs, asociacións e profesionais que máis destacaron polo impulso e promoción do deporte en España. 

Estes galardóns, que se outorgan anualmente, buscan enxalzar o rendemento e os logros deportivos así como visibilizar valores asociados á práctica deportiva, talles como o esforzo, o xogo limpo, a superación ou a igualdade. 

Ao longo dos seus máis de catro décadas de historia, os Premios Nacionais do Deporte consolidáronse como o maior recoñecemento do Goberno de España nesta materia. 

Os Premios Nacionais do Deporte agrúpanse, actualmente, en catorce categorías:

- Premio Rei Felipe, ao mellor deportista español do ano

- Premio Raíña Letizia, á mellor deportista española do ano

- Premio Princesa Leonor, ao mellor deportista masculino ou feminino menor de 18 anos

- Premio Infanta Sofía, á actividade deportiva entre persoas con discapacidade

- Premio Rei Juan Carlos, á deportista revelación, masculino ou feminino

- Premio Raíña Sofía, ao xogo limpo e a erradicación da violencia

- Trofeo Unión Europea, á ou ao deportista, ou á entidade, club ou institución dalgún país membro da Unión Europea que máis destacase durante o ano nas súas actividades deportivas.

- Trofeo Comunidade Iberoamericana, ao mellor deportista iberoamericano, masculino ou feminino

- Copa Barón de Güell, ao mellor equipo ou selección do ano

- Copa Stadium, á persoa ou entidade que destacase no fomento do deporte

- Premio Consello Superior de Deportes, á entidade local española que máis destacase no fomento do deporte, por organización de actividades ou instalacións deportivas

- Trofeo Joaquín Blume, á Universidade ou Centro Escolar máis destacado na promoción deportiva

- Premio nacional ás Artes e as Ciencias Aplicadas ao Deporte, á divulgación da actividade físico-deportiva

- Premio Nacional Francisco Fernández Ochoa, a toda unha vida dedicada ao deporte

 

Última convocatoria

As candidaturas correspondentes aos méritos do ano 2024 poderán ser propostas por deportistas federados, asociacións deportivas, federacións deportivas nacionais e autonómicas, institucións privadas, persoas ou entidades recoñecidas con algún Premio Nacional do Deporte en anteriores edicións, así como por calquera órgano das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 10 de setembro de 2025.

Ligazón á convocatoria do BOE

Ligazón á sede electrónica do Consello Superior de Deportes

 

Unha lista de premiados de lenda

Entre os galardoados desde 1982 cos Premios Nacionais do Deporte atópanse algúns dos e as deportistas con maior recoñecemento da historia de España, así como institucións que contribuíron decisivamente á configuración do ecosistema deportivo español. 

 

HISTÓRICO DE PREMIADOS

Premio RAÍÑA LETIZIA
Premio REI FELIPE
Premio PRINCESA LEONOR
Premio RAÍÑA SOFÍA
Premio REI JUAN CARLOS
Trofeo COMUNIDADE IBEROAMERICANA
Copa BARON DE GÜELL
Premio INFANTA SOFÍA
Copa STADIUM
Premio CONSELLO SUPERIOR DE DEPORTES
Trofeo JOAQUIN BLUME
Premio ás ARTES E As CIENCIAS APLICADAS AO DEPORTE
Premio FRANCISCO FERNÁNDEZ OCHOA
Trofeo UNIÓN EUROPEA
Premio de ARQUITECTURA DEPORTIVA