Xogos Paralímpicos de Inverno Vancouver 2010

Entre os días 12 e 21 de marzo de 2010, desenvolvéronse na cidade canadense de Vancouver, a X edición dos Xogos Paralímpicos de Inverno. Aos Xogos Paralímpicos de Vancouver 2010 acudiron máis de 650 atletas de todo o mundo (máis de 40 países) con algunha discapacidade, para loitar polas medallas nalgún do cinco deportes de inverno (con todas as súas variantes) que se desenvolveron en 6 sedes. Nestes deportes compiten atletas cegos e deficientes visuais, discapacitados físicos e paralíticos cerebrais.

 

Algúns datos sobre os Xogos Paralímpicos Vancouver 2010:

  • Cerimonia de Apertura: 12 de marzo de 2010 no BC Place, Vancouver.
  • Cerimonia de Clausura: 21 de marzo de 2010, en Whistler.
  • Cerimonias de entrega de medallas: en Whistler, entre o 13 e o 20 de marzo de 2010.

 

Os deportes Paralímpicos e as súas sedes:

  • Hockey sobre xeo, no UBC Thunderbird Area, do 13 ao 20 de marzo.
  • Curling en cadeira de rodas, no Vancouver Paralympic Centre, do 13 ao 20 de marzo.
  • Esquí Alpino, en Whistler, do 13 ao 21 de marzo.
  • Esquí Nórdico, no Whistler Paralympic Park, do 14 ao 21 de marzo.
  • Biatlón, no Whistler Paralympic Park, o 13 e o 17 de marzo.

    

Informes dos Libros diarios dos Xogos Paralímpicos Vancouver 2010

 

Deportistas españois

España desprazou a cinco deportistas, todos eles para competir en esquí alpino. Trátase da discapacitada física Úrsula Pueyo (fáltalle unha perna) e os deficientes visuais Gabriel Gorce, Anna Cohí, Andrés Boira e Jon Santacana, a gran esperanza, que xa gañou un ouro e dous bronces nos Paralímpicos de Salt Lake City 2002.

Outras ligazóns

Medalleiro

 

 

Jon Santacana inaugura o medalleiro español nos Xogos Paralímpicos de Vancouver
Segunda medalla de prata para Jon Santacana nos Xogos Paralímpicos de Vancouver
Esquí Alpino. Jon Santacana proclámase campión paralímpico en descenso
Esquí Alpino. Anna Cohí, cuarta en supercombinada e Jon Santacana non puido terminar a proba