Cartón de Saúde do Deportista
O Cartón de Saúde do Deportista forma parte do Plan de Apoio á saúde no ámbito da actividade deportiva e ten como finalidade que, o deportista e o persoal sanitario autorizado, poidan dispor dunha valiosa recompilación de datos obtidos nos distintos recoñecementos médico-deportivos.
O sistema de Cartón de Saúde do Deportista achega un procedemento seguro, fiable e garantido, mediante o cal o deportista e as persoas por el autorizadas poidan acceder directamente ao historial específico médico-deportivo. A través dun sistema dixital, o acceso á información contida nela queda limitado ao deportista e ao persoal sanitario que lle atenda. Este historial ofrecerá unha información que, no ámbito deportivo sempre é útil, podendo ser imprescindible para o profesional sanitario e que, mesmo nalgunhas ocasións, podería chegar a ser vital para o deportista nunha asistencia sanitaria que, de rutina ou urxencia, deba efectuarse ao usuario do Cartón.